martes, 23 de diciembre de 2008

De novo as porcentaxes

El País do domingo 21 de decembro de 2008, na súa edición de Galicia, publica un estudio da evolución de voto nas eleccións xerais, autonómicas e municipais e, coma case sempre, non da unha.

Por exemplo: nas xerais de 2005 o PP obtén 756.562 votos que son o 45%, o PSOE 556.603 votos que son o 22,1%, e o BNG 311954 votos, o 18,6%. ¿Pode ser?

Nas municipais de 2007, PP 865.460 votos, o 42,2%, PSOE 682.684 votos, o 26,38% e o BNG 208.688 votos, o 20,25%. ¿Pode ser?

Ademais, os 865.460 votos do PP en 2007 tiveron este reparto por provincias:
222.614 na Coruña, 99.812 en Lugo, 104.827 en Ourense e 279.454 en Pontevedra. Se cadra hai unha quinta provincia, ¿O Bierzo?

Neste caso se pode detectar que hai erros, non sabemos que dato está mal, pero alomenos sabemos que algún o está. Imaxinade cando se publican datos que non permiten detectar erros. Cómpre non fiarse en xeral de calquera dato numérico de El País en partícular e da prensa en xeral.

1 comentario:

  1. 682.684 votos e mais do triple que 208.688
    entón o porcentaxe non pode ser tamen teria que ser mais do trìple

    Tania 1º Bacharelato

    ResponderEliminar