lunes, 25 de abril de 2011

O accidente nuclear de Fukushima

Despois do terremoto e o tsunami do 11 de marzo de 2011, a central nuclear de Fukushima sufriu sucesivos problemas. Tras algúns titubeos, as autoridades xaponesas calificaron o accidente como de nivel 7, o máximo, o mesmo nivel que o de Chernobil en 1986, aínda que seguen dicindo que este é menos grave.


Os periódicos dixitais españois seguiron os acontecementos incluíndo magníficos gráficos e animacións explicativas do accidente, especialmente El País e El Mundo. Pero parece que é imposible dar noticias con algún caracter científico-matemático na prensa española sen meter a pata. O que segue é unha imaxe dun gráfico aparecido en El País. Debedes atopar o erro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario