lunes, 25 de abril de 2011
O accidente nuclear de Fukushima
Os periódicos dixitais españois seguiron os acontecementos incluíndo magníficos gráficos e animacións explicativas do accidente, especialmente El País e El Mundo. Pero parece que é imposible dar noticias con algún caracter científico-matemático na prensa española sen meter a pata. O que segue é unha imaxe dun gráfico aparecido en El País. Debedes atopar o erro.
jueves, 24 de febrero de 2011
O cargueiro europeo "Johannes Kepler" chega á estación espacial internacional
O cargueiro europeo Johannes Kepler atracou ás 16.59 horas do día 24 de febreiro de 2011 na Estación Espacial Internacional (ISS), segundo o minucioso plan previsto. Na sala de control ubicada en Toulouse (Francia), case medio centenar de especialistas supervisaron a crítica manobra que a nave, non tripulada, realizou de forma automática pero baixo o seguimento constante desde este centro de operacións, á súa vez en contacto cos da ISS, en Moscú e en Houston (EE UU).
A ISS está en órbita a 350 km de altura sobre a terra. Actualmente está ocupada por seis astronautas.
A nave Johannes Kepler, de tamaño coma o de un autobús de dous pisos, levaba unhas sete toneladas de carga entre comida, osíxeno, combustibles e pezas de reposto. En total, contando a propia nave, tiña 20 toneladas. A parte de levar suministros, a Johannes Kepler, como todas as naves que viaxan á ISS, aproveitará para levantar un pouco a estación que perde cada día entre 50 e 100 metros de altura.
Despois de tres meses de estar acoplada á ISS, servirá de contedor de basura, deixándose caer ata desintergrarse na atmosfera sobre o Pacífico.
Cal é a velocidade con que se ten que lanzar un vehículo como este para acadar a órbita da ISS?
miércoles, 27 de octubre de 2010
A estación espacial internacional e a ingravidez
Estes días conmemorase o décimo cabodano da presenza de astronautas na ISS (Estación espacial internacional).
A ISS comezouse a construir en 1998 e recibíu os primeiros tripulantes o 2 de novembro de 2010: Bill Sheperd, Yuri Gidzenko e Sergei K. Krikalev.
A construcción non está rematada. Hoxe en día é un artefacto duns 100 m de lonxitude e 420 toneladas de masa, que se atopa en órbita a uns 390 km de altura sobre a superficie da terra, a unha velocidade de uns 28 000 km/h
Na súa construcción e mantemento participan os Estados Unidos, Rusia, Xapón, Europa (os países agrupados na Axencia Espacial Europea, entre os que se atopa España), Canadá e Brasil.
Inicialmente debía estar en funcionamento ata 2015, pero, probablemente prolongarase ata máis alá de 2025.
No interior da ISS, os astronautas experimentan a sensación de ingravidez, o que ocasiona certos problemas fisiolóxicos que poden derivar en patoloxías importantes.
Se calculamos a gravedade na ISS, ¿que atopamos?
¿Como é posible entón que haxa ingravidez?
O LHC acada as primeiras colisións de partículas a moi alta enerxía
No Grande Colisionador de Hadróns (LHC, nas súas siglas en inglés) do Laboratorio Europeo de Partículas (CERN) de Xeneva, Suiza, tiveron lugar en marzo de 2010 as primeiras colisións de dous feixes de partículas dunha enerxía de 3,5 TeV (tera electrón-volts), por tanto, dunha enerxía de 7 TeV en total.
Dentro dun par de anos subirá a enerxía de cada feixe a 7 TeV, primeiro e 14 TeV despois, sendo a enerxiá total da colisión de 14 e 28 TeV, respectivamente, en total.
Pregunta para 3º de ESO:
Canto é 7 TeV expresado en eV?
Pregunta para 4º de ESO e 1º de Bacharelato:
Canto é 7 TeV expresado en joules?
viernes, 16 de enero de 2009
Tintín na lúa
Recentemente se celebraron os oitenta anos da creación do personaxe Tintín e acordeime do seu viaxe a lúa.
Podes ver unha recreación da viaxe aquí
No álbum titulado "Aterrizaje en la luna" (so teño a versión en castelán) cando están descendendo cara a lúa, Tintín comunica por radio coa terra e di:
"Ligeras vibraciones hacen temblar el cohete... Un peso enorme nos aplasta sobre las colchonetas... El menor movimiento exige un esfuerzo terrible...Zumban las sienes...Las vibraciones cada vez son más fuertes... La sensación de aplastamiento se acentúa...La respiración es cada vez más difícil.
Destas palabras se pode deducir o tipo de movemento co que cohete descende a lúa. Pode haber algunha dubida, pero esa se resolve se viches a recreación do vínculo anterior.
Como descende o cohete?
Con movemento uniforme? Con movemento acelerado? En caída libre?
martes, 23 de diciembre de 2008
De novo as porcentaxes
Por exemplo: nas xerais de 2005 o PP obtén 756.562 votos que son o 45%, o PSOE 556.603 votos que son o 22,1%, e o BNG 311954 votos, o 18,6%. ¿Pode ser?
Nas municipais de 2007, PP 865.460 votos, o 42,2%, PSOE 682.684 votos, o 26,38% e o BNG 208.688 votos, o 20,25%. ¿Pode ser?
Ademais, os 865.460 votos do PP en 2007 tiveron este reparto por provincias:
222.614 na Coruña, 99.812 en Lugo, 104.827 en Ourense e 279.454 en Pontevedra. Se cadra hai unha quinta provincia, ¿O Bierzo?
Neste caso se pode detectar que hai erros, non sabemos que dato está mal, pero alomenos sabemos que algún o está. Imaxinade cando se publican datos que non permiten detectar erros. Cómpre non fiarse en xeral de calquera dato numérico de El País en partícular e da prensa en xeral.
sábado, 6 de diciembre de 2008
Mecánica e conservación da enerxía
É posible o que amosa este vídeo?
sábado, 6 de octubre de 2007
A roda que sube soa por unha pendente
(Imagen Wikipedia)
Oiriades contar varias veces casos de vehículos que ascenden por costas sen axuda do motor, ou rodas que colocadas nunha pendente comezan a rodar ¡cara arriba!
Pois ben, isto é consecuencia do efecto Coriolis, que afecta aos corpos que se moven respecto de un sistema de referencia que vira como o da imaxe ou como a terra.
Podes notar este efecto se tratas de camiñar desde o centro ata a periferia cando estés nun tiovivo. Notarás unha forza en sentido contrario ao de rotación. É a forza de Coriolis.
Este efecto Coriolis é o responsable de que os trens desgasten máis o raíl esquerdo no hemisferio norte e o dereito no hemisferio sur. Tamén se debe ao efecto coriolis o movemento dos ventos e o sentido de xiro dos furacáns. Adóitase decir que o vórtice dos líquidos que desaugan por un sumidero tamén se debe ao efecto Coriolis, pero está calculado que dito efecto e demasiado pequeno para xustificalo.
Algúns ríos teñen maior altitude na desembocadura que no seu nacemento, tamén como consecuencia do efecto Coriolis.
A pregunta é: ¿que é verdade e que é un conto chinés neste artigo?
lunes, 12 de marzo de 2007
Campo magnético terrestre
(imaxe de Wikipedia con licencia de Creative Commons: http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/)
Explorade estas ligazóns:
http://es.wikipedia.org/wiki/Campo_magn%C3%A9tico_terrestre
http://ciencia.nasa.gov/headlines/y2003/29dec_magneticfield.htm
http://www.practiciencia.com.ar/ctierrayesp/tierra/estructura/campomag/index.html
http://www.astromia.com/tierraluna/magnetismo.htm
Cada canto tempo cambia a polaridade do campo magnético terrestre?
A que se debe o campo?
A que se debe 0 cambio de polaridade?