miércoles, 27 de octubre de 2010

A estación espacial internacional e a ingravidez


Estes días conmemorase o décimo cabodano da presenza de astronautas na ISS (Estación espacial internacional).

A ISS comezouse a construir en 1998 e recibíu os primeiros tripulantes o 2 de novembro de 2010: Bill Sheperd, Yuri Gidzenko e Sergei K. Krikalev.

A construcción non está rematada. Hoxe en día é un artefacto duns 100 m de lonxitude e 420 toneladas de masa, que se atopa en órbita a uns 390 km de altura sobre a superficie da terra, a unha velocidade de uns 28 000 km/h

Na súa construcción e mantemento participan os Estados Unidos, Rusia, Xapón, Europa (os países agrupados na Axencia Espacial Europea, entre os que se atopa España), Canadá e Brasil.

Inicialmente debía estar en funcionamento ata 2015, pero, probablemente prolongarase ata máis alá de 2025.

No interior da ISS, os astronautas experimentan a sensación de ingravidez, o que ocasiona certos problemas fisiolóxicos que poden derivar en patoloxías importantes.

Se calculamos a gravedade na ISS, ¿que atopamos?
¿Como é posible entón que haxa ingravidez?

O LHC acada as primeiras colisións de partículas a moi alta enerxía


No Grande Colisionador de Hadróns (LHC, nas súas siglas en inglés) do Laboratorio Europeo de Partículas (CERN) de Xeneva, Suiza, tiveron lugar en marzo de 2010 as primeiras colisións de dous feixes de partículas dunha enerxía de 3,5 TeV (tera electrón-volts), por tanto, dunha enerxía de 7 TeV en total.

Dentro dun par de anos subirá a enerxía de cada feixe a 7 TeV, primeiro e 14 TeV despois, sendo a enerxiá total da colisión de 14 e 28 TeV, respectivamente, en total.

Pregunta para 3º de ESO:

Canto é 7 TeV expresado en eV?

Pregunta para 4º de ESO e 1º de Bacharelato:

Canto é 7 TeV expresado en joules?