jueves, 22 de febrero de 2007

Escalas de temperatura.


(imaxe tomada do CNICE)

Existe unha temperatura que ten o mesmo valor na escala Celsius e na Fahrenheit. Cal é?

viernes, 9 de febrero de 2007

Viaxe ás antípodas


(imaxes CNICE e elaboración propia)



A maioría da terra ten as súas antípodas no mar. Só unha parte de sudamérica coincide con Asia. O resto son territorios soltos.


Parte de Galicia ten os seus antípodas en Nova Zelanda.


Supoñamos que se puidese construír un túnel desde Vigo, que pasase polo centro da terra, seguindo un diámetro e que desembocase en Nova Zelanda. Este túnel tería que superar, ciertamente algúns problemas técnicos. Por exemplo, ¿que tuneladora resistiría a elevadísima temperatura no interior da terra? ¿De que material deberíanse construír as paredes do túnel? Pero abstraigámonos desas minucias para avanzar.


Habemos visto que a gravidade no interior da terra é proporcional á distancia ao centro. Supoñendo que a densidad da terra sexa constante, obtense, logo das deducións correspondentes:


g= 4/3.pi.d.G.r


onde: d é a densidad, pi é 3,14159..., G é a constante de gravitación universal e r é a distancia ao centro da terra.
Se se deixa caer un obxecto por ese túnel, tería unha aceleración igual a esa g, é dicir, porporcional á posición medida desde o centro (é a mesma x do movemento armónico). Este obxecto tería un MHS. Entraría no túnel a velocidade cero e máxima aceleración, alcanzaría a súa máxima velocidade con aceleración cero no centro, e a continuación, frearía ata ter velocidade cero no outro extremo.


Se ese obxecto fose un tren, levaríanos de Vigo a Nova Zelanda sen necesidade de motor e con gasto de enerxía cero. Únicamente habería que evitar rozamientos.


Ademais, a viaxe duraría moi pouco tempo, ¿Canto? ¿Podes calculalo?


Podes ver un recreación desta viaxe en:
Tren no túnel