domingo, 14 de enero de 2007

De bote en bote.

(imaxe CNICE)

Un amigo meu do instituto e a facultade era xogador de voleibol. Foi internacional varios anos. Nas probas físicas que lles facían na selección, el sempre era o mellor na especialidade de bote. Consiste en saltar para alcanzar a maior altura posible sen tomar carrerilla. No sitio.
Este amigo botaba ao redor dun metro.
Supoñamos que este amigo medía 1,80 m. Supoñamos que o centro de gravidade dunha persoa está no centro (esta suposición é moi radical). Supoñamos que a dinámica do bote consiste en agacharse ata que o centro de gravidade queda a 50 cm do chan, faise forza coas pernas contra o chan mentres que se estira completamente e ese impulso é o que lle permite elevarse un metro (este metro mídese desde o chan ata os pés).
¿Con que velocidade saía impulsado ao despegarse do chan?
¿Cal é a proporción entre a forza que facía contra o chan e o seu propio peso?
Non é necesario, pero por se cres que che axuda, chamábase Eduardo e tiña uns 80 kg de masa.

viernes, 12 de enero de 2007

¡Esas escuras porcentaxes!

Lido en El País a finais de 2006:

"A lo largo del año 2006 han descendido los muertos en accidente de tráfico en un 9,3 %.
Buena parte de este descenso se puede atribuir a la entrada en vigor del carné por puntos, pues, entre los meses de Enero y Junio, es decir, antes de la implantación de dicho carné, el descenso en el número de muertos fue de un 3,2 %, mientras que entre los meses de Julio y Diciembre, ya con el carné en vigor, el descenso de víctimas mortales fue del 9,2 %".
...
¿É esto posible? ¿Que é o que non vai?

lunes, 8 de enero de 2007

¿Quen provoca as mareas?

(Imaxe do CNICE)

Aprendemos que as mareas son causadas pola gravidade da lúa. Con todo, se calculamos a forza de atracción entre o sol e a terra veremos que esta é varias veces superior que a forza de atracción entre a terra e a lúa.
¿Por que, entón non dicimos que é o sol o causante das mareas?

A fusión dos polos

Atlántico sur (foto CNICE)


Na película documental Unha verdade incómoda, Al Gore, ex Vicepresidente dos E.E.U.U. con Bill Clinton, sostén que de fundirse a maior parte do xeo do polo Norte ("o ártico"), o nivel das augas do mar apenas subiría; con todo, se se fundisen os xeos do polo Sur ("A Antártida"), entón si que se produciría un gran e devastador aumento do nivel das augas en todo o mundo.
¿É verdade isto? ¿Ten algunha explicación física?