domingo, 14 de enero de 2007

De bote en bote.

(imaxe CNICE)

Un amigo meu do instituto e a facultade era xogador de voleibol. Foi internacional varios anos. Nas probas físicas que lles facían na selección, el sempre era o mellor na especialidade de bote. Consiste en saltar para alcanzar a maior altura posible sen tomar carrerilla. No sitio.
Este amigo botaba ao redor dun metro.
Supoñamos que este amigo medía 1,80 m. Supoñamos que o centro de gravidade dunha persoa está no centro (esta suposición é moi radical). Supoñamos que a dinámica do bote consiste en agacharse ata que o centro de gravidade queda a 50 cm do chan, faise forza coas pernas contra o chan mentres que se estira completamente e ese impulso é o que lle permite elevarse un metro (este metro mídese desde o chan ata os pés).
¿Con que velocidade saía impulsado ao despegarse do chan?
¿Cal é a proporción entre a forza que facía contra o chan e o seu propio peso?
Non é necesario, pero por se cres que che axuda, chamábase Eduardo e tiña uns 80 kg de masa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario