miércoles, 27 de octubre de 2010

O LHC acada as primeiras colisións de partículas a moi alta enerxía


No Grande Colisionador de Hadróns (LHC, nas súas siglas en inglés) do Laboratorio Europeo de Partículas (CERN) de Xeneva, Suiza, tiveron lugar en marzo de 2010 as primeiras colisións de dous feixes de partículas dunha enerxía de 3,5 TeV (tera electrón-volts), por tanto, dunha enerxía de 7 TeV en total.

Dentro dun par de anos subirá a enerxía de cada feixe a 7 TeV, primeiro e 14 TeV despois, sendo a enerxiá total da colisión de 14 e 28 TeV, respectivamente, en total.

Pregunta para 3º de ESO:

Canto é 7 TeV expresado en eV?

Pregunta para 4º de ESO e 1º de Bacharelato:

Canto é 7 TeV expresado en joules?

viernes, 16 de enero de 2009

Tintín na lúa



Recentemente se celebraron os oitenta anos da creación do personaxe Tintín e acordeime do seu viaxe a lúa.
Podes ver unha recreación da viaxe aquí

No álbum titulado "Aterrizaje en la luna" (so teño a versión en castelán) cando están descendendo cara a lúa, Tintín comunica por radio coa terra e di:

"Ligeras vibraciones hacen temblar el cohete... Un peso enorme nos aplasta sobre las colchonetas... El menor movimiento exige un esfuerzo terrible...Zumban las sienes...Las vibraciones cada vez son más fuertes... La sensación de aplastamiento se acentúa...La respiración es cada vez más difícil.

Destas palabras se pode deducir o tipo de movemento co que cohete descende a lúa. Pode haber algunha dubida, pero esa se resolve se viches a recreación do vínculo anterior.

Como descende o cohete?
Con movemento uniforme? Con movemento acelerado? En caída libre?

martes, 23 de diciembre de 2008

De novo as porcentaxes

El País do domingo 21 de decembro de 2008, na súa edición de Galicia, publica un estudio da evolución de voto nas eleccións xerais, autonómicas e municipais e, coma case sempre, non da unha.

Por exemplo: nas xerais de 2005 o PP obtén 756.562 votos que son o 45%, o PSOE 556.603 votos que son o 22,1%, e o BNG 311954 votos, o 18,6%. ¿Pode ser?

Nas municipais de 2007, PP 865.460 votos, o 42,2%, PSOE 682.684 votos, o 26,38% e o BNG 208.688 votos, o 20,25%. ¿Pode ser?

Ademais, os 865.460 votos do PP en 2007 tiveron este reparto por provincias:
222.614 na Coruña, 99.812 en Lugo, 104.827 en Ourense e 279.454 en Pontevedra. Se cadra hai unha quinta provincia, ¿O Bierzo?

Neste caso se pode detectar que hai erros, non sabemos que dato está mal, pero alomenos sabemos que algún o está. Imaxinade cando se publican datos que non permiten detectar erros. Cómpre non fiarse en xeral de calquera dato numérico de El País en partícular e da prensa en xeral.

sábado, 6 de diciembre de 2008

Efecto Doppler


Mirade este vídeo e comentádeo

Mecánica e conservación da enerxía

É posible o que amosa este vídeo?

sábado, 6 de octubre de 2007

A roda que sube soa por unha pendente



(Imagen Wikipedia)


Oiriades contar varias veces casos de vehículos que ascenden por costas sen axuda do motor, ou rodas que colocadas nunha pendente comezan a rodar ¡cara arriba!

Pois ben, isto é consecuencia do efecto Coriolis, que afecta aos corpos que se moven respecto de un sistema de referencia que vira como o da imaxe ou como a terra.

Podes notar este efecto se tratas de camiñar desde o centro ata a periferia cando estés nun tiovivo. Notarás unha forza en sentido contrario ao de rotación. É a forza de Coriolis.

Este efecto Coriolis é o responsable de que os trens desgasten máis o raíl esquerdo no hemisferio norte e o dereito no hemisferio sur. Tamén se debe ao efecto coriolis o movemento dos ventos e o sentido de xiro dos furacáns. Adóitase decir que o vórtice dos líquidos que desaugan por un sumidero tamén se debe ao efecto Coriolis, pero está calculado que dito efecto e demasiado pequeno para xustificalo.

Algúns ríos teñen maior altitude na desembocadura que no seu nacemento, tamén como consecuencia do efecto Coriolis.

A pregunta é: ¿que é verdade e que é un conto chinés neste artigo?

lunes, 12 de marzo de 2007

Campo magnético terrestre













(imaxe de Wikipedia con licencia de Creative Commons: http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/)


Explorade estas ligazóns:
http://es.wikipedia.org/wiki/Campo_magn%C3%A9tico_terrestre
http://ciencia.nasa.gov/headlines/y2003/29dec_magneticfield.htm
http://www.practiciencia.com.ar/ctierrayesp/tierra/estructura/campomag/index.html
http://www.astromia.com/tierraluna/magnetismo.htm

Cada canto tempo cambia a polaridade do campo magnético terrestre?
A que se debe o campo?
A que se debe 0 cambio de polaridade?

Compases orientados



Creative Commons License
Imazxe do autor con licencia de Creative Commons.

O caso I representa un compás cuxa agulla fíxase en posición horizontal (a azul) e outro compás cuxa agulla pode xirar libremente ata que adopta a posición de equilibrio (a marrón). Neste caso, o segundo compás sitúase tamén horizontalmente enfrontando ao primeiro o polo de nome distinto.
No caso II, fixamos o azul en posición vertical e o marrón adopta a posición que se ve.
¿Cal será a posición correcta do compás marrón se a azul fixámola como no caso III?

Dilatación de buracos


Imaxinade unha placa plana que ten un buraco no centro, como a da figura. Se se quenta, se dilata. Pero, ¿o buraco faise máis grande ou máis pequeno?

viernes, 9 de marzo de 2007

O Compás




(imagen CNICE)


Parece que os primeiros que utilizaron o compás foron os chineses fai máis de 2000 anos, aínda que as primeiras non eran exactamente unha agulla nunha caixa de madeira ou metálica cunha esfera de puntos cardinales.

Visitade estes vínculos:


http://www.educar.org/inventos/brujula.asp


http://es.wikipedia.org/wiki/Br%C3%BAjula


e dicídeme:


¿COMO ERAN OS PRIMEIROS COMPASES DOS CHINESES?


¿EN QUE OBRA CUMIO DA LITERATURA ITALIANA E UNIVERSAL MENCIÓNASE O COMPÁS?